© Copyright. Direitos autoriais.

© Copyright. Direitos autoriais

Santarandel de Beca

Isto vem a conto de Arentia e Arentius.
O artigo é cortado e colado daqui:
http://www.infobrion.com/brionpobo/festas_e_tradi.php?id=383

Os veciños da aldea de Beca descubriron unha escultura de pedra na que parece estar representado o apóstolo San Andrés. A partires de 1974 comezouse a celebrar unha festa popular na cal se pode degustar sardiñas, broa, cachelos e viño. Esta festa honra ó Santo Arandel, representado nunha figura que parece proceder do lexendario Castro Lupario (en Beca). Actualmente atópase no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, a pesares de que os veciños de Bastavales desexen o seu regreso. Todo comezou cando os veciños da aldea de Beca descubriron unha pedra na que aparecía representada a imaxe dunha persoa cos brazos en cruz, "O Crucificado", segundo Manuel Chamoso Lamas (1967). A pedra foi atopada nun regato ó lado do lavadoiro da aldea, sorprendendo a tódolos veciños polas súas dimensións e polo descoñecemento sobre a figura que alí estaba representada. Despois de realizar diferentes investigacións, chegouse á conclusión que a figura labrada nesa pedra seguramente representa ó apóstolo San Andrés, utilizándose posteriormente o nome galego de "Santo Arandel" (algúns incluso o denominan "Santarandel").
A procedencia desta escultura non está moi clara e está chea de misterios, pero todo parece indicar que procede de antigas representacións católicas existentes no Castro Lupario, unha vez xeralizada a relixión cristián neste territorio. No caso de ser así, é posible que se trate dunha representación creada entre os séculos V d.c. e XI d.c. o que lle outorga un incalculable valor histórico-artístico. Manuel Chamoso Lamas (1967) data este relevo en granito de mediados do século XI. Identificando esta representación como “O Crucificado”.

Non sería de estrañar este dato, debido a que no Castro Lupario comezou a domina-la relixión cristiá, segundo contan as lendas, a partires da conversión ó cristianismo da raíña Lupa, principal mandataria deste lugar, a partires da súa colaboración no traslado do corpo do apóstolo Santiago ata Compostela a mediados do século I d.c. Ó igual que o Castro Lupario e a raíña Lupa, esta escultura goza dun pasado lexendario que, dalgunha forma rematou ó lado do lavadoiro da aldea de Beca.

Foi entón no ano 1974 cando os veciños desta aldea comezaron a organizar unha romaría popular na honra do Santo Arandel o último domingo de cada mes de agosto. Festa na cal, ademais da misa, pódense degustar diferentes productos como as xa tradicionais sardiñas, broa, cachelos e viño tinto. Este último sérvese en orixinais xerras e en cuncas de barro, que son mercadas ós veciños de Oleiros de Buño. A maiores, sempre se elaboran pequenos obxectos de barro que recordan a celebración anual desta romaría: Xarróns, cuncas, zocos, etc.

Todo comezou coa aparición dunha pedra lexendaria na que estaba representado o Santo Arandel. Agora desfrutamos dunha fabulosa romaría nunha carballeira situada entre Beca e Chave de Ponte.

Xa sabedes, o último domingo de agosto animádevos a participar na sardiñada do Santo Arandel. ¡Estámosvos agardando!












Galego

Substantivo

  Singular Plural
Feminino beca becas
be.ca, feminino

  1. (arcaico) faixa, tira de tecido longa e estreita que usavam os seminaristas e colegiais, a jeito de estola

Etimologia

Confronte-se com beco e com o gaélico irlandês bréid(ga) e breacán(ga).

Galego

Substantivo1

  Singular Plural
Masculino beco becos
be.co, masculino
  1. beco, rua estreita

Formas alternativas

Etimologia

Do latim via(la) com a sufixação -eco, *vieco.

Substantivo2

  Singular Plural
Masculino beco becos
be.co, masculino
  1. lábio

Sinónimos

Etimologia

Do latim beccus (la) "bico". Confronte-se com beço e belfo.











Sem comentários:

Enviar um comentário